Alcachofa Atómica (Ligaçons ao Blogue deste Programa da Kalimera)

Alcachofa Atómica começara emitir em Venres 5 de Novembro de 2010

Começada a sua andaina na Radio Kalimera, agora tendes à vossa disposiçom os audios dos programas que já forom emitidos até agora. Som já 8 programas e seguirám emitindo todos os venres às 19:00.

Reproduzimos cá a sua apresentaçom pública:

Alcachofa Atómica dase a coñecer.

O seu fogar: o alcantarillado.

A súa misión: coñecer, criticar, dar voz, e porqué non, botarse unhas risas.

O obxecto do estudio alcachofano: o ser humán.

Vémonos!!!!!

Maese Togo e Cyrano Fadi. (a partir do 3º programa suma-se ao projecto Dogo Sarille)

Neste enlace ao seu blogue tendes os aúidos e as entradas com a explicaçom do contido dos seus programas. Em “ler mais” há também umha ligaçom a cada um dos programas

Programa 1 – Emitido ao vivo en 05-11-2010.- Hoxe tivemos unha visita dun artista da rúa (Guille) que nos fixo alucinar cos seus acordes a ritmo de bossa nova; xantamos con Babah, que cociñou un delicioso cous-cous con verduras e carne. E para rematar, lanzamos ás ondas o sentir d@s parroquian@s sobre a visita do xefe do estado Vaticano. En definitiva, tivemos unha tarde do máis interesante.

Programa 2 – Emitido ao vivo en 19-11-2010.- Xantamos, bebimos e bailamos. Así é. Xantamos con Marta, que nos introduxo na cociña polaca cun exquisito pirogi; unha especie de empanadilla, feita a base de fariña, auga quente, aceite e ovo rechea dun pisto de verdura e carne picada. Despois, xa no programa, coñecimos a Leandro (Leandroide ou Leandrogado), que dende Arxentiña importou a música andina ás rúas de Compostela; tocounos catro temas en directo que reflicten o caracter da tradición ancestral de Amércia Latina. Finalmente e, como o prometido é deuda, sacamos ás ondas a entrevista que lle fixemos a Santiago Jimenez, catedrática de historia pola USC, que puso luz sobre a traxectoria do conflicto saharaui dende o seu comezo até o día de hoxe.

Programa 3 – Emtido en 03-12-2010.- Alcachofa Atómica 3 – Clásico 0. Chegamos o noso terceiro programa coa bufanda ata as orellas. Por iso, esta xélida semá acompañámosvos cun delicioso caldo da terra para quentarnos en compañía da artista Iolanda, que nos deleitou coas vibracións da súa voz e guitarra. E aproveitando o clásico de fútbol, Alcachofa Atómica saíu a rúa para recoller as voces das viandantes e documentar as incompresibles realidades desta droga adormidera de mentes. Resultado final: Alcachofa 3 – Clásico 0

Programa 4 – Emitido en 17-12-2010.- Felitas Fesces. Luces de cores, cancións nauseabundas e falsedade nos atopamos desta subida á realidade terrestre. Coñécese este período polo nome de nadal. E de novo quedamos alcachofados. Menos mal que, de volta ás alcantarillas, estivemos acompañados polo prestixioso docente da universidade de Lalín, Carlos Turuyaga e os seus consellos culinarios para estas datas que vos recomendamos a seguir ó pé da letra. Desta vez enchéronse, colapsáronse as ondas coas vibracións da voz de Djamal, o noso artista invitado, que nos envolveu a todas nos bucles dos seus loops. Isto e a voz das cidadás. E a de Antonio, por suposto.

Programa 5 – Emitido en 31-12-2010.- Especial Fin de Ano 2010.- A bo entendedor, poucas palabras bastan. Foi un programa especialmente divertido pola sintonía que se deu entre os dous convidados e nós, sen dúbida pouco acostumados a tratar con persoeiros de tal figura. Rocesbundo Puentes Leira e Leonardo das Minchas son dous artistas, aínda que pouco coñecidos, moi queridos pola súa xente. Son como son e así se presentaron no plató de Alcachofa Atómica, descarados, orixinais e co seu habitual sentido do humor. A isto, engadímoslle unha profunda análise de David Gales sobre o control mental que se ven dando dende tempos inmemoriables e así construimos un programa especial fin de ano que xa podedes disfrutar.

Programa 6 – Emitido en 14-01-2011.- Racións para tod@s.- Ca recasaca tabaqueira aínda no corpo, visitáronos Xiao e Francismo Mateo, integrantes do mundialmente famoso grupo de música popular de tasca “Dúo Racións”. Estando como estaban os ánimos fora polo tema da nova lei antitabaco pasámolo en grande con estes dous artistas, recoñecidos fumadores e bebedores, defensores das raices tradicionales, guerreiros de taberna, homes de mundo e sobre todo grandísimas persoas.

Programa 7 – Emitido en 28-01-2011.- folga a ritmo de violiño.- Pretendiamos que os temas centrais do programa foran, por unha banda a folga xeral e, pola outra as movilizacións sociais en Túnez; nembargantes, topámonos con que non puidemos máis que enfocar o tema central en Antón, unha persoa que nos abraiou tanto pola súa música coma pola súa personalidade e calor humán; é dicir: gran músico, mellor persoa. Deste sí que poderiamos dicir que é un programa para disfrutar tranquilamente.

Programa 8 – Emitido ao vivo en 11-02-2011.- Recibindo aos chinos cun “do de peito”.- Podes ser chino ou non, galego ou non, ímoste recibir, non cun do de peito (pirueta árduamente difícil para criaturas do subchan coma nós), pero sí como mellor sabemos: cunha empanada da señora Matilde e un viño. Felipe e Jaime, chilenos que importaron a ópera ás rúas de Compostela, foron os verdadeiros protagonistas desta edición de Alcachofa Atómica; puxeron arte, ritmo e moito sentimento. Unha auténtica pasada.