O fondo do aire é vermello (11). Black Panthers

Descarregade clicando cá

O último día de marzo falamos con Xoán R. Sampedro sobre o ciclo dedicado aos Black Panthers que ocupou a nosa programación deste mes.

Unha aproximación á súa traxectoria política e estética, encadrada polos filmes de Agnès Varda, Antonello Branca, Howard Alk ou o San Francisco Newsreel, algúns dos que puidemos ver durante os mércores de marzo.

Black is beautiful