O fondo do aire é vermello (13). Bobby Sands. Estaleiro Editora

Para descarregar clicade cá

“Esta combinación [da presentación] do libro de Bobby Sands coa proxección do filme [Hunger, de Steve McQueen] constitúe un capítulo máis da colaboración entre ambos proxectos, entre o proxecto de Estaleiro e o proxecto do Cineclube, que son proxectos irmáns que teñen colaborado en moi diversos planos. Os actos desta semana danlle continuidade á boa sintonía que existe entre Estaleiro e o Cineclube”

Isaac Lourido, na entrevista que concederon a O fondo do aire é vermello el e Samuel Solleiro, co gallo da edición, por parte de Estaleiro Editora, de Um dia da minha vida, o libro que Bobby Sands escribira na cadea de Long Kesh a finais dos anos setenta.