O fondo do aire é vermello (16). Revoltas, cinema, memoria

Para descarrega em ogg

Para descarrega em mp3

Primeiro programa d’O fondo do aire e vermello da tempada 2011-2012. Repasamos as proxeccions de Dvortsevoy, Coutinho, Gianvito e Brownlow que ocuparon a programacion do Cineclube de Compostela durante o mes de outubro.

O fondo do aire é vermello, o programa radiofónico que o Cineclube de Compostela ocupa nas ondas da Kalimera, volve esta tempada cunha programación quincenal, cada dous xoves ás oito do serán no 107.9. Desta vez abrimos o curso cun repaso polos filmes programados durante o mes de outubro, dende Dez minutos máis vello até Winstanley, centrándonos especialmente nas tres últimas sesións, onde Brownlow, Gianvito ou Coutinho achegan algunhas das representacións cinematográficas máis efectivas da memoria das revoltas.