Alcachofa Atómica – Nova Andaina

O programa da kalimera “Alcachofa Atómica” disponibiliza a escuita dos audios dos novos programas desta tempada no seu blogue http://www.alcachofaatomica.org/

Asín na sua web tendes a vosa disponibilidade todos os seus programas.

Clicando en LER MÁIS… , tedes a descripción dos 5 programas desta andaina

AA nº 11- Colacao nuclear sen lactosa .- Tivemos o honor de ter entre alcachofas ó respetable Sir Kevin de Mos, licenciado na Universidade de Bertamiráns en Ciencias da Gastrononía, que explaiouse sen límites sobre os cambios acaecidos nos últimos tempos nas tradicións lácteas e derivados. Que aproveite.

AA nº 12 – Cumpleanos de croquetas croquetinhas .- Croquetas de grelos que fan inmortal a quen as come e unha tortilla vasca acompañaron cun viño  ás invitadas de hoxe: Bea alias Sra. Gertrudis e Sara alias Prima Ceboleta que convertiron o surrealismo en palabras. Misturado coa jitarra de Ricardo resultou ser un programa bomba…sobre todo cando fumos pra cama. A inmortalidade ten o seu prezo.

AA nº 13 – A receita do éxito .- Batman e Robin non chegaron a onde están de puta chiripa, non. Para iso non só se precisa un par de pelotas, é imprescindible unha boa tarta de queixo; tal cal como a que nos trouxo a Sra. Matilde, a number juan da respostería do subchan. Din que para que unha receita sexa de éxito, fai falla ademáis un dúo como o do Chinquechento e unha pizca de frikismo senil. Non, Batman e Robin non chegaron a onde están agora de puta chiripa e si aínda vos quedaron dúbida, escoitade o audio do programa.

AA nº 14 – San Pedro abaixo a ritmo de clarinete .- Cando un clarinete sona ai! cando un clarinete sona…. Foron os últimos palabros de Togo nesa gran festa que se montou no barrio de San Pedro. Curioso que o convidado deste programa tamén se lle dera por ahí…non polo de beber birras coma si fora Bob Esponxa, polo de tocar o clarinete. Vicente é un artista con maiúsculos iso é incuestionable e para proba un botón; ahí vai o audio do programa.

AA nº 15 – Tod@s somos importantes .- Iso é, tod@s importantes e indignad@s. Anónimo non é unha palabra de significado pechao, senón que ten a súa profundidade en función de quen xogue o rol. Neste caso, Anónimo trouxo a súa versión, sempre a título persoal, do que está a ocurrer co movemento 15 M. Mentres éste último construía o seu propio fío, Franky e a sú banda foron dándolle sal, pementa, sucre e todo tipo de ingredientes que quixeron para contruir esta decimo quinta Alcachofa Atómica.