Plástico Elástico 61

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados

Apoiamos a Álex Lago (Blows) na súa Loita Contra o Cancro

Escoitar Programa

Esta semana abrimos Plástico Elástico con “Ni Todo Lo Demás”, un dos temas incluídos en Blanco Perfecto, o flamante 1º L.P. do cuarteto compostelano Mato Grosso.

Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Overhear, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Das Kapital, The Toasters, Sandford Music Factory, Pacífico, Nada Surf e The Right Ons.

Facemos eco do Concerto Solidario “Blows Fuck Cancer” en Apoio a Álex Lago (Baixista dos vigueses Blows) na súa loita contra o cancro, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro ás 21.00 no Mondo Club (Vigo)

Onde actuarán os propios Blows acompañados de Grandes Amigos coma Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con Teté y Los Ciclones, un dos grupos que formarán parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela.

Nesta edición soaron: Mato Grosso, Overhear, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Das Kapital, The Toasters, Sandford Music Factory, Pacífico, Blows, Nada Surf, The Right Ons e Teté y Los Ciclones.