Plástico Elástico 62

Dixie Town preséntannos Fat & Superb en Formato Acústico
Adiantamos en Primicia o Novo Disco de Samesugas

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos vigueses Dixie Town, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Primicia os temas do seu último e 3º disco “Fat & Superb” (Sound Dealers, 2010) en Formato Acústico. Asemade, adiantáronnos un novo tema que formará parte do seu 4º Traballo “O Furacán”, que se editará a finais do vindeiro ano 2012.

Adiantamos 3 temas do que será o novo e 3º Disco do cuarteto de Punk-Rock compostelano Samesugas, que levará por título “They Are Out There” e que editará en formato CD o Selo Compostelano Lixo Urbano o 17 de Decembro. En Nadal deste mesmo ano o disco porase tamén en circulación en formato Vinilo con CD incluído. “They Are Out There” presentarase en directo o 17 deste mesmo mes no Liceo Mutante de Pontevedra, onde Samesugas compartirán escenario cos cataláns “Secret Army” e os Don Ramirenses “Nobody’s Fool”.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con The Kanaloas (cuarteto coruñés que recrean o espírito das bandas de Surf de principios dos 60), un dos grupos que formará parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela.

Nesta edición soaron: “Warm And Confident”, “I Wonder Who”, “Tema Inédito”, “It Isn’t A Love Letter” e “Soul Assistant” de Dixie Town, “Exploding Heart”, “Tóxico Injecta” e “They Are Out There” de Samesugas e “Quasimoto Stomp” de The Kanaloas.