Plástico Elástico 65

Doctor Gringo preséntannos o “2nd Rock-A-Billy Boogie Night”
Regalamos Entradas para o Festival e CD’s de Doctor Gringo

Escoitar Programa

Xa estamos de volta. Despois de dúas ¿merecidas? semanas de vacacións, abrimos o novo ano en Plástico Elástico adicando íntegramente a nosa 1ª Edición de 2012 ao 2nd Rock-A-Billy Boogie Night.

Durante 60 minutos e da man de Martín Esturao e Ducky (Cantante/Guitarrista e Manager respectivamente da formación compostelana Doctor Gringo) ofrecemos tódolos detalles do que vai ocorrer o vindeiro Sábado 21 de Xaneiro na Discoteca Sarela de Compostela.

Escoitamos a tódalas bandas que formarán parte do cartel: The Caravans (Portsmouth, UK), Furious (Liverpool, UK), Teté y Los Ciclones (Madrid) e The Kanaloas (A Coruña).

Sorteamos Entradas e CD’s de Doctor Gringo entre todos(as) os(as) nosos(as) oíntes. Para participar nos sorteos, envíanos un Mail ao Enderezo Electrónico do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición.

Nesta edición soaron: “Rock-A-Billy Boogie” de Johnny Burnette, “Ol River Blue” e “Gun Beats, Four Aces” de The Caravans, “No Ifs No Buts No Maybes” e “Crazy Hight School Baby” de Furious, “Boppity Bop” de Teté y Los Ciclones, “Shark Attack” de The Kanaloas, “Crazy Mademoiselle” de Doctor Gringo e “Rock-A-Billy Boogie Night” de Robert Gordon.