Plástico Elástico 66

Samesugas preséntannos “They Are Out There”
Regalamos Entradas para ver a BlueSkank en Galicia

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Samesugas, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para merendar con nós e presentarnos os temas do seu Terceiro e Flamante L.P. “They Are Out There” (Lixo Urbano, 2011).

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Voltaica, The Right Ons e BlueSkank. Asemade, pegamos o último repaso ao cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night.

Regalamos Entradas para ver en directo aos madrileños BlueSkank (Venres 27 de Xaneiro no Marrucho de Baiona, Sabado 28 de Xaneiro en La Iguana Club de Vigo e Domingo 29 de Xaneiro no Aturuxo de Bueu) presentando o seu Novo Disco “Taking Off”. Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais.

Nesta edición soaron: “They Are Out There”“Exploding Heart”“Who Do You Think You’re Fooling?”“Open Up Your Door”“Get You While I Can” de Samesugas“Vender Terror” de Voltaica“On The Radio” de The Right Ons“Dirty Little Town” de The Caravans“Corrupted” de BlueSkank.