Plástico Elástico 67

Recibimos a visita de “Angélica y Roberta”
Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Angélica y Roberta, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos a Serie de Moda máis Freak da Internet.

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Samesugas, Movie Jack + Curtinaitis, BlueSkank e The Gift.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical, anunciando o Regreso aos Escenarios Galegos dos Heredeiros da Crus para celebrar o seu 20 Aniversario.

Nesta edición soaron: “Soy Muy Malo (Y Puedo Ser Peor)” de Novedades Carminha, “En Tu Cara” de Sra Sr Sra, “Yoni, El Surfista Albino” de Mano de Obra, “Jódete y Baila” de Novedades Carminha, “Exploding Heart” de Samesugas, “Chica Peligrosa” de Movie Jack, “Cheap Dirt” de Curtinaitis, “Things To Do” de BlueSkank, “My Sun” de The Gift e “Jastas Pista” de Heredeiros da Crus.