Plástico Elástico 68

Pedrito Diablo & Los Cadáveras preséntannos “El Cuerno del Chivo” en Acústico
Regalamos Entradas para ver aos mexicanos Twin Tones en Compostela

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Formato Acústico os temas de “El Cuerno del Chivo” (Green Cookie Records, 2011), o seu Disco de Debut.

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Twin Tones, Corizonas e Nada Surf.


Regalamos Entradas para ver en directo aos mexicanos Twin Tones (Sábado 11 de Febreiro no Moon Music Club de Compostela) presentando o seu Novo Disco “Trio de Mercenarios”. Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición.

Despedimos o programa cunha banda de New York que esta semana visitou Galicia para presentar o seu último traballo discográfico. Estamos falando de The Fleshtones, que despois de máis de 30 anos de traxectoria musical publican agora o seu novo disco “Brooklyn Sound Solution”.

Nesta edición soaron: “Guns Don’t Arge” “Texas Addio” de Twin Tones“Desenfunda Forastero”, “El Hoyo”, “El Baile del Justiciero” e “Dos Cruces” de Pedrito Diablo & Los Cadáveras“Hotel Room” de Corizonas“Clear Eye Clouded Mind” de Nada Surf“I Was a Teenage Zombie” de The Fleshtones.