Alen da Onda 12

 

Descargar en Mp3

Descargar en Ogg

Recuperados do último ataque do FBI contras os nosos servidores, volve Alén da Onda, o programa sobre a realidade paranormal máis abraiante da Radio Kalimera. Nesta duodécima edición, perdida para sempre a undécima, dedicada á extravagante historia dos Papas, os nosos expertos científicos do alén mundo analizan a herdanza da Santa Inquisición e a súa mutación na Congregación para a Doutrina da Fe, asolada polos escándalos que dan pábulo a todo tpio de intrigas e purgas internas no seo da Igrexa Católica Apostólica e Romana. Os manexos do Papa Ratzinger e dos seus predecesores para acalar as voces demoníacas que asexan o exército de Cristo entre os casos de efebofilia e as contas paralelas da banca vaticana ocupan a primeira plana xunto doutros fenómenos parapsicolóxicos como o proceso de sucesión dinástica na Deputación Provincial de Ourense ou as loitas intraterrestres no interior do Bloque Nacionalista Galego, que deron na ruptura entre as seitas opostas ao poder reptiliano español e mundial tras a alianza entre os Hombres do Chapeu e os partidarios do Código Aymerich.