Alen da Onda 16

Descargar en Mp3

Os últimos acontecementos no seo da Casa Real desatan a polémica nos fiadeiros parapsicolóxicos europeos. Cazerías de elefantes, accidentes nas escaleiras, tiros no pé, escándalos de corrupción, a monarquía borbónica semella atravesar o seu particular Annus Horribilis. Algúns atrévense a agoirar a chegada da Terceira República, outros conténtanse con comentar a prolífica vida sexual do monarca e aínda algúns pregúntanse con toda a oportunidade polas ligazóns secretas entre a Raíña Sofía e o Club Bilderberg, seita reptiliana que parece mover os fíos das altas finanzas e a alta política internacionais. Esta e outras cuestións son abordadas polos nosos expertos científicos do paranormalna decimosexta edición de Alén da Onda.