Alen da Onda 17

Descargar Mp3

Na decimosétima edición de Alén da Onda os nosos expertos científicos do paranormal abordan a controvertida epidemia zombi que semella abanar a sociedade occidental. A vaga de zombis ateiga universidades, centros comerciais, fábricas de xoguetes e parlamentos políticos sen que ninguén poda ofrecer unha explicación convincente da orixe do fenómeno. Entre tanto a crise económica e os escándalos financeiros que conmoven o hemisferio norte parece íntimamente ligada coa aparición dos mortos viventes e os seus devaneos políticos con todo tipo de extremismos.