Alen da Onda 15

 

Descargar programa en Mp3

Recuperamos o arquivo secreto de Alen da Onda sobre o ocultismo, perdido durantes semanas por escuros avatares conspirativos. O programa que provocou a caída de Conde Roa agora á vosa disposición, unha edición na que os nosos expertos científicos do paranormal analizan os crípticos designios de sociedades secretas e lobbies de presión a través da manipulación de saberes demoníacos e índices bursátiles inefabeis. Cunha entrevista senlleira ao alcalde de Santiago, membro durante anos dunha célebre sociedade secreta, e outra ao Vidente do Ministerio de Facenda que descubriu as evidencias que precipitaron a caída do rexedor compostelán.