Alen da Onda Especial Courel

Descarga o programa en MP3

Co gallo da II Festa Revolta para reivindicar o Parque Natural do Caurel, o equipo de Alen da Onda desprazouse até a aldea de Froxán para realizar un programa especial sobre a realidade misteriosa da serra máis extraordinaria da Galiza, todo un tesouro no que respeita a mitos, lendas e fenómenos paranormais. Desde a situación do Monte Medulio, a historia da invasión romana ou os mitos máis arraigados da contorna até a presenza de seres alieníxenas e a desaparición de vellos códices, o misterio e o humor alíanse nesta edición especial do programa máis paranormal da FM galaica para reivindicar un espazo único da nosa xeografía. Os nosos expertos científicos do paranormal, Casimiro Canalillo, Ezequial Daniel, Garma Alba e Nero Relicario analizan a carón de Orlando Álvarez, de SOS Caurel, a enteira dimensión mítica da serra ameazada pola comenencia económica e a indolencia política.