Somos millonari@s!

Na kalimera quixemos trasladar ao galego este radioserial feito pola Asociación “RADIALISTAS APASIONADAS Y APASIONADOS“, unha ONG con sede en Quito, Ecuador.

A minería a ceo aberto é unha realidade moi actual tanto en América Latina coma na Galiza. Gobernos de todas as cores políticas seguen firmando contratos con transnacionais chinesas, gringas, europeas e canadienses que explotan á maior velocidade posible os recursos non renovables dos nosos solos.

Esta radionovela cuestiona este tipo de megaminería, que destrúe a nosa terra. Está composta por dez capítulos que iremos traducindo, locutando e emitindo nas nosas ondas kalimeras.

Aquí vos deixamos co primeiro capítulo: Somos millonari@s!

Killaricocha é visitada por xente rara, xente que fala inglés e que ten coches nos que se pode ler “Metro Golden Miner”, que querrán? Como actuará a veciñanza ante os seus intereses?