Nós tv vissita nosso estúdio co galho do Día da Rádio

Colamos da sua web:

Radio Kalimera, un proxecto libre feito desde e para o pobo

Con motivo do Día da Radio celebrado en 13 de febreiro, quixemos conversar co proxecto Radio Kalimera

Con motivo da celebración do día Mundial da Radio, visitamos Radio Kalimera, un medio libre nado hai máis de 25 anos e que hoxe ten a súa sede na Casa do Peixe, na cidade de Santiago de Compostela. Conta con sete persoas activas, mais a radio nútrese de achegas das persoas de a pé. De feito, desde ela, crese e apóstase polo xornalismo cidadán. Conversamos con Natalia Veiga e Raquel Enríquez sobre o funcionamento deste proxecto

Autoxestionada, libre e sen fins lucrativos

Nun día coma onte pensamos nas grandes emisoras, mais é necesario apostar por contidos locais, dos barrios e comprometidos coa xente. Só deste xeito poderemos chegar aos intereses de todas e todos os radio ouvintes e en xeral, da audiencia.