Afíliate á Kalimera!

Na Radio Kalimera queremos lanzarvos unha proposta para colaborar con nós. Ademáis de, coma sempre, abrirvos o estudio a todas aquelas persoas que queirades vir facer programas e emitilos nas nosas ondas, agora tamén podedes afiliarvos á Kalimera Club! Si compañeiras e compañeiros, este magnífico carné que vos retrotraerá á vosa máis tenra infancia pode ser voso. E non só iso! Ao longo do ano a Radio Kalimera agradecerávolo con descontos nas nosas actividades e outros agasallos.

carneKalimera

Podedes pedir o voso carné Kalimero na Gentalha do Pichel (Compostela). Son 20€ ao ano. A que estades agardando?