Category: Radiomarías

O primeiro Radiomarías do ano!

Neste programa falamos do procomún, compartimos historias de xente que case fixo historia, inspirámonos noutros barrios, actualizámonos e lercheamos…escoitade, escoitade! E non deixedes de participar enviándonos a vosa videoreceita!



Programa especial RadioMarías das festas do barrio!

RadioMarías vístese de festa cun programa especial para falar das afamadas e tradicionais festas da rúa de abaixo.  Atoparedes toda a información das actividades e concertos programados do 2 ao 6 de setembro e a testemuña en forma de clip de audio das protagonistas dos concertos e actividades das festas. Un programa cheo de alegría…



En xullo Radiomarías maiea

Cun chisco de retraso pero sempre en tempo chega o Radiomarías de maio, cargadiño de letras, moitas letras! Letras en forma de palabras, de cancións, de poemas, de lercheos, de novas, de ….



Radiomarías | 8º programa

Agora que comezan as flores, As Marías lembrámonos das hortas urbanas e do parque Zeca Afonso. Cantas historias agochadas nesta cidade! Falamos tamén coa Asociación Cultural O Galo, en especial da súa relación coas veciñas que lle dan nome á nosa asociación. Así que, con sol ou con chuvia, convidámosvos a escoitar este marabilloso paseo…




7º Radiomarías

Velaiquí a última entrega de Radiomarías cheo de cotilleos e un interesantísimo paseo polo noso barrio con dúas paradas principais:a Gentalha do Pichel e o Ultramarinos da Avenida de Salamanca. Podedes descargalo aquí



6º programa | Radiomarías

Nesta ocasión actualizámonos coas novas do Barrio, falamos coa Asociación do Traxe (que todos os anos nos acompañan nas festas), visitamos a Igrexa do Carme, lercheamos sobre o entroido e convocámosvos á reunión desta semana: Podes descargar o programa aquí.




Radiomarías | 5º programa

As Marías facemos barrio nas rúas e tamén nas ondas! Escoita este programa cheo de ideas para mellorar a nosa contorna, con moitas novas e unha chea de castañas e contos de mort@s e viv@s que mesturamos nestas ondas outonais. Para descargalo preme aquí. Se queres participar escríbenos a a.vv.asmarias@gmail.com




Radiomarías | 4º programa

As Marías chegamos ás ondas con toda a resaca das festas! Podes descargalo aquí.




Radiomarías | Terceiro Programa

As Marías perdémonos con tantas novidades na contorna, tantos cambios de tempo e de gobernos. Mais xa collimos forzas para encher a parrilla da kalimera de ondas marianas. Podedes descargalo aquí. Limpade ben os oídos e sacádelle lustre aos zapatos que xa logo veñen as afamadas e tradicionais festas da Rúa de Abaixo.



Radiomarías [2º programa] temos moito que contar…

A Asociación Veciñal As Marías ofrécevos este segundo programa na Radio Kalimera. Desta volta acompañounos Julia, unha veciña que sempre nos agasalla cos seus saberes, recordos e experiencias. Enchimos as ondas de contos do barrio e viaxamos dende Compostela até Portugal para recordar a Revolución dos Cravos, 25 de abril sempre! Podes descargalo aquí