Category: Jastas Cinta

Jastas Cinta Especial Febreiro 2015

Non estabamos mortos, estabamos de cañas. Jastas Cinta volveu ás ondas da Kalimera este febreiro cun programa especial cheo de pequenas sorpresas. O que non é unha sorpresa é que ven cargado de boa música e cultura hip hop a esgalla. Como acostumamos a facer, non estamos sós. Ayman Selektah acompañounos na 107.9 para guindarvos unha selección de temazos ao mando das rodas de aceiro. Polo demáis, nostalxia, grelazos e os froitos que nos deixou a horta de Compostela nos últimos meses. Como Terminator e Caneda, ¡VOLTAREMOS!

10257228_566552286791428_8003344952679696188_o

 

Descarga aquí ou escoita:




Jastas Cinta Programa 12

O Jastas Cinta despídese ata novo aviso. O duodécimo programa pon punto e final á primeira tempada do programa de hip hop d’A Kalimera. E qué mellor forma de despedirse que cun dos máis grandes desta cultura en Galiza, García Mc, membro da Dios Ke Te Crew e agora tamén en solitario con ese ‘Abaixo e de pé’ publicado a comezos de 2013. Co “irmán García” mantemos unha longa conversa na que repasamos a súa relación co movemento zapatista e as súas viaxes por México, amósanos unha pequena mostra do rap “de maíz” que se fai nas terras maias, a súa visión da cultura hip hop coma unha ferramenta de transformación social, a súa faceta coma difusor desta cultura polos colexios e institutos do país ou mesmo a relación do seu grupo co antigo mánager da DKTC, o mesmísimo Bárcenas.

Por outra banda, no apartado ‘underground’, catro grupos de Compostela (Josu Cruces, Tramaturgia, Olímpicos, Pura Mestura) e o novo duns vellos coñecidos do programa, Rebeliom do Inframundo, para deixar claro ata o último minuto que nesta terra hai moito e moi bo rap. Un programón, en duración e calidade (si, xa sabemos que está mal que o digamos nós, pero había que aproveitar o último para botarse unhas flores, non?), sen desperdicio ata o final, xa que García Mc  remestura en clave reggae un clasicazo do hip hop galego, o ‘Estranxeiros’ dos Ghamberros que cumpre dez anos neste 2014, e que serve para poñer  o broche de ouro a esta primeira aventura do Jastas Cinta.

1604777_702691219770724_513578175_n
Descarga ou escoita aquí:

PD: Moi atentos que nos vindeiros días anunciaremos unha inminente cita co hip hop e o Jastas Cinta en Compostela. Ollo!




Jastas Cinta Programa 11

En Jastas Cinta collímoslle o gusto a facer especiais reggae, polo que a música xamaiquina repite como protagonista do programa desta semana. E qué mellor que contar cun d0s que máis sabe disto de Compostela, Rulassie Selektah, compoñenente de Selassie Sound System, quenes editaron a finais de 2013 a mixtape ‘Real Peregrinos’, da que se está a cocer o segundo volume. Fyah no estudo da Kalimera!

selassiesound

Descarga ou escoita aquí:




Jastas Cinta Programa 10

Logo dunhas semanas de descanso, o Jastas Cinta está de volta. O pasado martes acompañounos na Kalimera Dj Webo (Groovers, 504), co que conversamos sobre os seus proxectos personais, a súa participación xunto a Dj Mil no campionato por parellas da DMC, ademais de facernos unha demostración de que o turntablism está moi vivo en Compostela. Coma sempre en Jastas Cinta; música da casa, viaxes temporais e publicidade intrusiva.

Webo-Mil-Paspi-Galiciaflow-2

 

Descarga aquí ou escóitao:




Jastas Cinta Programa 9

Novena emisión de Jastas Cinta. Os Juanito Broders están a piques de sacar á luz o seu novo traballo, un EP titulado “Y si no”, a  derradeira referencia da plataforma ‘Temazo.org’. Estiveron con nós no estudo da Kalimera o pasado martes nun programa no que descubrimos moitas curiosidades sobre un grupo galego especial e único. Sumerxídevos no mundo da JB nun Jastas Cinta no que tamén vos traemos o estilo da mc compostelana Alba G, a música do vigués Franga, un repaso ao ano 92 e moito rap.

1224198884-juanitobroders

Descarga aquí ou escóitao:




Jastas Cinta Programa 8

Oitavo programa do Jastas Cinta. El Soed e Titos da CKF Crew estiveron con nós na Kalimera para contarnos qué andan a tramar esta xente do Milladoiro e adiantáronnos un par de temas da nova maqueta de Soed que sairá nos próximos días. Transportámonos ao ano 84 no ‘Xa choveu’, cociñamos uns grelazos a medio lume e o Hidroafónico tráenos a  dous mestres de cerimonias de Compostela; un que xa leva moitos anos facendo barullo –Furnier– e outro que da os seus primeiros pero firmes pasos neste mundo do rap –Moisexy–.

dj-kool-herc

 

Descarga aquí ou escóitao:




Jastas Cinta Programa 7

Sétima entrega do Jastas Cinta. Esta semana achegáronse ata a Kalimera catro dos seis compoñentes do grupo Frederick, uns rapaces que non se cortan á hora de mesturar hip hop con calquer son e que se autodenominan como unha “orquestra de rap”. Polo demais, o de sempre no Jastas Cinta: un chisco de historia, grelazos, música da terra e moitas risas, que tamén é do que se trata.

1622527_536394603140530_1013616267_o




Jastas Cinta Programa 6

Sexta edición de Jastas Cinta. Esta semana adicamos o noso espazo á música reggae e contamos coa presenza de Ghuin Pan Pum Selektah (dos Selektah de toda a vida), quen nos ofrece unha sesión de roots que non podedes perder. Tamén recordamos o ano 1967, cando Bob Marley aínda non tiña rastas, e poñemos boa música da casa coma sempre.

studio-one

Descarga aquí ou escoita aquí:



Jastas Cinta Programa 5

Quinto programa de Jastas Cinta. Esta semana visítanos Ego Mc, o alma máter de Actos Urbanos; un grupo que non está de volta porque nunca se marchou. Coma sempre, ‘grelazos’, historia e rap con selo galego.

SoulMa4




Jastas Cinta Programa 4

Cuarto programa de Jastas Cinta, emitido o 16 de xaneiro. Esta semana temos unha edición especial xa que un dos dj’s máis destacados do panorama hip hop galego visita o estudo da Kalimera para falar sobre os moitos proyectos nos que se atopa involucrado: Dj Mil. E como regalo, unha sesión de nada máis e nada menos que media hora para os ouvintes da Kalimera.

 

djmil