Category: O fondo do aire é vermello

O fondo do aire é vermello (20). Vikingland

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

Nesta nova edición do noso programa na Radio Kalimera, emitido o 23 de febreiro de 2012, repasamos o filme de Xurxo Chirro Vikingland, presentado no Cineclube o 8 de febreiro. Desta volta entrevistamos ao director do filme e soaron Maria Bethãnia e The Waterboys.

Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.



O fondo do aire é vermello (19). A vida é nosa / Terra Natal

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

Diversos materiais arredor de A vida é nosa e Terra Natal, os filmes proxectados polo Cineclube de Compostela neste mes de decembro, sosteñen esta entrega d’O fondo do aire é vermello. Con textos de Jean Renoir ou Howard Zinn e a voz de Paul Robeson.

Actualizamos esta páxina kalimera con os últimos programas realizados polo CineClube de Compostela pendentes de subir.

“O fondo do aire é vermello” emitese os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.



O fondo do aire é vermello (18). Kaspar Hauser

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3

A partir da figura de Kaspar Hauser, convidamos a Álvaro, membro de Proxecto Derriba, a expoñer as liñas de traballo e pensamento do colectivo do que fai parte. Acompáñano textos de Walter Benjamin e W. G. Sebald e a música de Georges Moustaki ou Tarántula:


■ Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

 

Repetición do programa.- Martes às 11;00′ ; Mércores às 16;00′ ; e Domingo às 13;00′

 



O fondo do aire é vermello (17). As desagradecidas

Na última entrega d’O fondo do aire é vermello procuramos, a partir de diversos textos, as variadas connotacións do apelativo que dá título ao ciclo deste mes no Cineclube de Compostela: As Desagradecidas. As narracións de Brecht, Jelinek ou Genet fían esta nova aproximación ao pensamento desagradecido. Velaquí:

■ Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

■ Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en



O fondo do aire é vermello (16). Revoltas, cinema, memoria

Para descarrega em ogg

Para descarrega em mp3

Primeiro programa d’O fondo do aire e vermello da tempada 2011-2012. Repasamos as proxeccions de Dvortsevoy, Coutinho, Gianvito e Brownlow que ocuparon a programacion do Cineclube de Compostela durante o mes de outubro.

O fondo do aire é vermello, o programa radiofónico que o Cineclube de Compostela ocupa nas ondas da Kalimera, volve esta tempada cunha programación quincenal, cada dous xoves ás oito do serán no 107.9. Desta vez abrimos o curso cun repaso polos filmes programados durante o mes de outubro, dende Dez minutos máis vello até Winstanley, centrándonos especialmente nas tres últimas sesións, onde Brownlow, Gianvito ou Coutinho achegan algunhas das representacións cinematográficas máis efectivas da memoria das revoltas.

 

 



O fondo do aire é vermello (15). Retransmisión Festa 10º aniversario

Radio Kalimera retransmitiu en directo a pasada Festa 10º aniversario do Cineclube de Compostela. Achegamos en catro partes a gravación:

Parte I: Presentación do libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011), a cargo de Xosé Carlos Hidalgo e Antonio Doñate

[para descargar aquí]

Parte II: Concerto de Malandrómeda

[para descargar aquí]

Parte III: Concerto de Das Kapital

[para descargar aquí]

Parte IV: DJ Chapaev

[para descargar aquí]

 



O fondo do aire é vermello (14). Especial Festa 10º aniversario.

Velaquí o último programa deste curso d’O fondo do aire é vermello. Desta volta improvisamos un especial dedicado aos músicos que nos acompañarán este sábado 11 de xuño na festa de aniversario do Cineclube, pero tamén aos que estiveron connosco en edicións anteriores ou os que quereríamos escoitar nas vindeiras. Escoitade embaixo a Malandrómeda, Das Kapital, Urro, Los Carradine, Emilio José ou Ataque Escampe. Querémosvos:

 



O fondo do aire é vermello (13). Bobby Sands. Estaleiro Editora

Para descarregar clicade cá

“Esta combinación [da presentación] do libro de Bobby Sands coa proxección do filme [Hunger, de Steve McQueen] constitúe un capítulo máis da colaboración entre ambos proxectos, entre o proxecto de Estaleiro e o proxecto do Cineclube, que son proxectos irmáns que teñen colaborado en moi diversos planos. Os actos desta semana danlle continuidade á boa sintonía que existe entre Estaleiro e o Cineclube”

Isaac Lourido, na entrevista que concederon a O fondo do aire é vermello el e Samuel Solleiro, co gallo da edición, por parte de Estaleiro Editora, de Um dia da minha vida, o libro que Bobby Sands escribira na cadea de Long Kesh a finais dos anos setenta.

 



O fondo do aire é vermello (12). Alberte Pagan

Desta volta aproveitamos a recente visita de Alberte Pagán ao Cineclube para preguntarlle con tempo sobre a súa obra e os seus futuros proxectos. Podedes escoitalo aquí:

 


Os xoves ás 20:00, cada dúas semanas, na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en

(máis información sobre os filmes de Alberte Pagán na súa páxina)

 



O fondo do aire é vermello (11). Black Panthers

Descarregade clicando cá

O último día de marzo falamos con Xoán R. Sampedro sobre o ciclo dedicado aos Black Panthers que ocupou a nosa programación deste mes.

Unha aproximación á súa traxectoria política e estética, encadrada polos filmes de Agnès Varda, Antonello Branca, Howard Alk ou o San Francisco Newsreel, algúns dos que puidemos ver durante os mércores de marzo.

Black is beautiful