Category: O fondo do aire é vermello

O fondo do aire é vermello (10) – Punto de Vista

(imaxe: fotograma da cabeceira realizada por Fernando Franco para a sétima edición do festival)

Segunda parte do especial dedicado ao Punto de Vista 2011. Nesta ocasión falamos con Josetxo Cerdán, director do festival, e Gonzalo de Pedro, coordinador de programación. Comentamos, asemade, os filmes que máis nos interesaron, dos que avanzamos unha pequena escolma sonora. Esperamos que vos guste:

Todos os xoves ás 20:00 na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en


 



O fondo do aire é vermello (9) – 48

Para descarregar ligade cá

Na fin de febreiro acudimos ao Punto de Vista, o Festival de Cine Documental de Navarra. Neste primeiro programa d’O fondo do aire é vermello adicado ao festival, reproducimos unha longa conversa con Ansgar Schaefer, produtor do filme que máis nos conmoveu: 48, da directora portuguesa Susana de Sousa Dias.

 

 



O fondo do aire é vermello (8) – Federico García

Para descarregar ligade acá

Programa dedicado ao cineasta peruano Federico García, con quen conversamos arredor dos filmes que este mes de febreiro proxecta o Cineclube.

Entrevistamos tamén a Alberte Pagán, habitual colaborador e amigo do Cineclube, bo coñecedor da obra de Federico García e impulsor desta retrospectiva.



O fondo do aire é vermello (7) – A ópera dos tres patacos

Para descarregar ligade acá

A septima emisión d’O fondo do aire é vermello contou coa presencia de Paula Carballeira e Quico Cadaval no estudio d’A Kalimera. Con eles falamos d’A ópera dos tres patacos, a version fílmica de Georg Wilhelm Pabst baseada no texto de Bertolt Brecht.

 



O fondo do aire é vermello (6) – CUT

O fondo do aire é vermello homenaxea, na súa sexta emisión, ao filme homónimo de Chris Marker, co gallo da súa proxección no local sindical da CUT en Vigo, dentro do ciclo Filmar a Historia.

Falamos con Sergi Dies (montador das Variacións Marker) e con Ricardo Castro (secretario xeral da CUT).

Escoitádeo aquí:

Todos os xoves ás 20:00 na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Descarga os arquivos dende archive.org en ogg ou en mp3



O Fondo do Aire é Vermello (5). As Ordes

Descarrega acá

O fondo do aire é vermello volta tralas festas de inverno, na súa cita con Radio Kalimera. Nesta edición do programa recolléronse fragmentos da presentación que fixo Margarita Ledo do filme de Michel Brault, Les Ordres, proxectado o 12 de xaneiro no Cineclube de Compostela.

Todos os xoves ás 20:00 na Radio Kalimera, no 107.9 do dial, ou a través da rede.

Repetición na kalimera: domingos às 13:00 ; martes às 11:00 ; mércores às 16:00

 



O fondo do aire e vermello (4) – Berlin 10/90 – Casa das Atochas

Descarrega-o clicando cá

O fondo do aire é vermello contou desta vez  con José Manuel Sande, historiador de cinema e encargado de programación do CGAI. Con el conversamos sobre Berlin 10/90, o filme de Robert Kramer que puidestes ver o pasado mércores no Cineclube.

Asemade, contactamos vía telefónica cun membro d’A Casa das Atochas, quen nos puxo ao tanto do estado actual do proceso de desaloxo que sufre a casa.

Por último, abrimos un novo espazo de crítica cinematográfica: Aurelio Castro fálanos de Ne Change Rien.

 



O fondo do aire e vermello (3) – O centro baleiro

Para escuitar ou descargar o aúdio do programa clicade acá

Na terceira emisión d’O fondo do aire é vermello, radiada pola Kalimera o 2 de decembro, contamos coa presenza do profesor e poeta Xosé Manuel Outeiriño. Con el puidemos falar d’O centro baleiro (Hito Steyerl, 1998) e do proceso urbanístico -analizado no filme- despregado trala queda do Muro de Berlín.



O fondo do aire é vermello (2) – Invasión

Velaquí a segunda entrega d’O fondo do aire é vermello, desta volta centrado no filme Invasión e nas figuras de Hugo Santiago -director da fita- e Jorge Luis Borges -guionista. Tivemos connosco a Iván Cuevas e María do Cebreiro, que debateron arredor do filme, da participación de Borges e das semellanzas coa obra literaria do autor.

Escoitádeo completo clicando neste enlace do cineclube



O fondo do aire é vermello –

Primeiro progama do Cineclube Compostela em A Kalimera.

Especial Peter Weiss. Con Ramiro Ledo.

Para escuitar ou descarregar clicade acá