Category: Plástico Elástico

Plástico Elástico Vacacións

Comunicanos as conductoras deste programa que están inmersas nun Proxecto Laboral no cal están totalmente entregadas e, por falta de tempo para cubir máis actividades, vense na obriga de tomar unhas semanas de vacacións na Radio.

Para quen queira pode escuitar os Podcast que están dispoñibles no seu sitio web: www.plasticoelastico.com ou neste enlace desta mesma página da kalimera.
Apontan que tan pronto como se vexan un pouco máis libres de tempo enviarán unha Nova Edición de Plástico Elástico.

Despedense de todos(as) ata unha nova entrega

Un Saúdo e Moitas Grazas a Todos(as) pola vosa comprensión.

Cesar e Lorena.



Plástico Elástico 69

Nonito Pereira preséntanos as “Festas Demoscópicas” de Mondo Sonoro
Regalamos Entradas para ver a Cooper en Compostela

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Nonito Pereira (Coordinador da Edición Galicia, Castilla e León da Revista Mondo Sonoro), que se achegou ao Musical Underground Especializado para presentarnos as “Festas Demoscópicas” de Mondo Sonoro. Este ano a cita en Galicia terá lugar o vindeiro Sábado 25 de Febreiro na Sala Karma de Pontevedra coas actuacións de Tora! Tora! Tora!, Fantasmage e Los Cafres.

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás Actuacións de Cooper, Los Deltonos, La Familia del Arbol, Shuarma e a Eventos coma as Festas Demoscópicas, Festa do Disco do Embora, Festa do Queixo de Arzúa e Festival MundoSons de Compostela.

Regalamos Entradas para ver en directo a Cooper (Xoves 1 de Marzo na Sala Capitol de Compostela) presentando o seu Novo Disco “Mi Universo”. Para conseguir unha delas, envíanos un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición.

Despedimos o programa co adianto do que será o novo traballo discográfico de Shuarma, que levará por título “Grietas”. Disco que se editará o vindeiro mes de Marzo e que estará presentando en diferentes datas na nosa comunidade.

Nesta edición soaron: “Huesos” de Fantasmage“Gargamel” de Tora! Tora! Tora!“Sólo Soy Una Alimaña” de Los Cafres“Cortometraje” de Cooper, “Sara Banderas” de Santos Morcegos, “07.45 (Bring Me Back Home)” de We Are Standard, “No Por Nada” de Los Deltonos, “The Scratch” de Marcos Coll, “¿Tú Me Quieres?” de La Familia Del Arbol “Tú” de Shuarma.


Plástico Elástico 68

Pedrito Diablo & Los Cadáveras preséntannos “El Cuerno del Chivo” en Acústico
Regalamos Entradas para ver aos mexicanos Twin Tones en Compostela

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Pedrito Diablo & Los Cadáveras, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Formato Acústico os temas de “El Cuerno del Chivo” (Green Cookie Records, 2011), o seu Disco de Debut.

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Twin Tones, Corizonas e Nada Surf.


Regalamos Entradas para ver en directo aos mexicanos Twin Tones (Sábado 11 de Febreiro no Moon Music Club de Compostela) presentando o seu Novo Disco “Trio de Mercenarios”. Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición.

Despedimos o programa cunha banda de New York que esta semana visitou Galicia para presentar o seu último traballo discográfico. Estamos falando de The Fleshtones, que despois de máis de 30 anos de traxectoria musical publican agora o seu novo disco “Brooklyn Sound Solution”.

Nesta edición soaron: “Guns Don’t Arge” “Texas Addio” de Twin Tones“Desenfunda Forastero”, “El Hoyo”, “El Baile del Justiciero” e “Dos Cruces” de Pedrito Diablo & Los Cadáveras“Hotel Room” de Corizonas“Clear Eye Clouded Mind” de Nada Surf“I Was a Teenage Zombie” de The Fleshtones.


Plástico Elástico 67

Recibimos a visita de “Angélica y Roberta”
Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de Angélica y Roberta, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos a Serie de Moda máis Freak da Internet.

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Samesugas, Movie Jack + Curtinaitis, BlueSkank e The Gift.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical, anunciando o Regreso aos Escenarios Galegos dos Heredeiros da Crus para celebrar o seu 20 Aniversario.

Nesta edición soaron: “Soy Muy Malo (Y Puedo Ser Peor)” de Novedades Carminha, “En Tu Cara” de Sra Sr Sra, “Yoni, El Surfista Albino” de Mano de Obra, “Jódete y Baila” de Novedades Carminha, “Exploding Heart” de Samesugas, “Chica Peligrosa” de Movie Jack, “Cheap Dirt” de Curtinaitis, “Things To Do” de BlueSkank, “My Sun” de The Gift e “Jastas Pista” de Heredeiros da Crus.


Plástico Elástico 66

Samesugas preséntannos “They Are Out There”
Regalamos Entradas para ver a BlueSkank en Galicia

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Samesugas, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para merendar con nós e presentarnos os temas do seu Terceiro e Flamante L.P. “They Are Out There” (Lixo Urbano, 2011).

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Voltaica, The Right Ons e BlueSkank. Asemade, pegamos o último repaso ao cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night.

Regalamos Entradas para ver en directo aos madrileños BlueSkank (Venres 27 de Xaneiro no Marrucho de Baiona, Sabado 28 de Xaneiro en La Iguana Club de Vigo e Domingo 29 de Xaneiro no Aturuxo de Bueu) presentando o seu Novo Disco “Taking Off”. Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais.

Nesta edición soaron: “They Are Out There”“Exploding Heart”“Who Do You Think You’re Fooling?”“Open Up Your Door”“Get You While I Can” de Samesugas“Vender Terror” de Voltaica“On The Radio” de The Right Ons“Dirty Little Town” de The Caravans“Corrupted” de BlueSkank.


Plástico Elástico 65

Doctor Gringo preséntannos o “2nd Rock-A-Billy Boogie Night”
Regalamos Entradas para o Festival e CD’s de Doctor Gringo

Escoitar Programa

Xa estamos de volta. Despois de dúas ¿merecidas? semanas de vacacións, abrimos o novo ano en Plástico Elástico adicando íntegramente a nosa 1ª Edición de 2012 ao 2nd Rock-A-Billy Boogie Night.

Durante 60 minutos e da man de Martín Esturao e Ducky (Cantante/Guitarrista e Manager respectivamente da formación compostelana Doctor Gringo) ofrecemos tódolos detalles do que vai ocorrer o vindeiro Sábado 21 de Xaneiro na Discoteca Sarela de Compostela.

Escoitamos a tódalas bandas que formarán parte do cartel: The Caravans (Portsmouth, UK), Furious (Liverpool, UK), Teté y Los Ciclones (Madrid) e The Kanaloas (A Coruña).

Sorteamos Entradas e CD’s de Doctor Gringo entre todos(as) os(as) nosos(as) oíntes. Para participar nos sorteos, envíanos un Mail ao Enderezo Electrónico do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición.

Nesta edición soaron: “Rock-A-Billy Boogie” de Johnny Burnette, “Ol River Blue” e “Gun Beats, Four Aces” de The Caravans, “No Ifs No Buts No Maybes” e “Crazy Hight School Baby” de Furious, “Boppity Bop” de Teté y Los Ciclones, “Shark Attack” de The Kanaloas, “Crazy Mademoiselle” de Doctor Gringo e “Rock-A-Billy Boogie Night” de Robert Gordon.




Podcast nº 64. Tódalas Bandas Que Nos Visitaron No 2011.

Tódalas Bandas Que Nos Visitaron No 2011
Feliz Ano 2012

Escoitar Programa

Esta semana Despedimos o Ano 2011 en Plástico Elástico facendo un Repaso por Tódalas Bandas que visitaron o Musical Underground Especializado ao longo destes 12 meses para presentarnos os seus Traballos Discográficos.

Un total de 20 Grupos Galegos pasaron polos nosos Estudios durante as 31 Edicións realizadas os pasados 365 días e con varias Bandas do Estado Español mantivemos Conversa Telefónica con motivo das súas Visitas á Nosa Comunidade.

Moitas Grazas a Tódalas Bandas por achegarnos a súa Música ás nosas Ondas Hertzianas e a Todos(as) Vós por Sintonizarnos. Feliz Ano 2012!

Nesta Edición soaron: “No Place Too Far” de Doctor Gringo, “La Casa Cuartel” de Disco Las Palmeras!, “El Mundo Perfecto de Kira” de Igloo, “Hoy” de Misterioso Viaje Holanda, “Amor Rural” de Novedades Carminha, “En Mi Agenda” de Los Chavales, “Causa Perdida” de Combo Dinamo, “Malas Influencias” de Invivo, “Solución” de La Familia, “Millón de Millones” de Eladio y Los Seres Queridos, “Back On The Road” de Los Eternos, “So Happy, So Young” de Maryland, “Ana de Palacio” de Metralletas Lecheras, “Enerxía Equivocada” de Magritte, “Berra!” de Dios Ke Te Crew, “Tiza y Tacón” de La Senda de Afra, “No Puedo Reírme” de Doctor Explosion, “Catre” de Aeroplástica, “Puta Vida” de Supersubmarina, “A Min Impórtame Merda” de Kastomä, “Já Somos Zombies” de Chícharo Psicótico, “Down And Deep” de Dixie Town e “La Noche Temática” de Mato Grosso.


Plástico Elástico 63

Mato Grosso preséntannos “Blanco Perfecto”
Regalamos Entradas para “Pacífico” e “Sinestesia”

 


Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Mato Grosso, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos o seu Primeiro e Flamante L.P. “Blanco Perfecto” (Autoeditado, 2011).


Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Pacífico, Samesugas, Baldosa Amarilla, Sinestesia e Blows.

Regalamos Entradas para ver en directo aos vigueses Pacífico (Xoves 15 de Decembro no Moon Music Club de Compostela, presentando o seu Novo Disco “Indestructible”) e aos compostelanos Sinestesia (Mércores 21 deste mesmo mes, na mesma Sala, presentando o seu Novo E.P. “Días de Cine”). Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición e indicándonos os teus datos persoais.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical lembrando o Concerto Solidario Blows Fuck Cancer, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro no Mondo Club de Vigo, no que Amigos Artistas da talla de Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro actuarán xunto a Blows e Especialmente a Álex Lago (Baixista do grupo vigués).

Nesta edición soaron: “SixFourNine”, “Vichy Catalán”, “Ni Todo Lo Demás” e “Mato Grosso” de Mato Grosso, “Día D” de Pacífico, “They Out Are There” de Samesugas, “Siempre en Espiral” de Baldosa Amarilla, “La Ciudad y Otros Escenarios” de Sinestesia e “Mujeres Que Corren con Lobos” de Blows.

 



Plástico Elástico 62

Dixie Town preséntannos Fat & Superb en Formato Acústico
Adiantamos en Primicia o Novo Disco de Samesugas

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos vigueses Dixie Town, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Primicia os temas do seu último e 3º disco “Fat & Superb” (Sound Dealers, 2010) en Formato Acústico. Asemade, adiantáronnos un novo tema que formará parte do seu 4º Traballo “O Furacán”, que se editará a finais do vindeiro ano 2012.

Adiantamos 3 temas do que será o novo e 3º Disco do cuarteto de Punk-Rock compostelano Samesugas, que levará por título “They Are Out There” e que editará en formato CD o Selo Compostelano Lixo Urbano o 17 de Decembro. En Nadal deste mesmo ano o disco porase tamén en circulación en formato Vinilo con CD incluído. “They Are Out There” presentarase en directo o 17 deste mesmo mes no Liceo Mutante de Pontevedra, onde Samesugas compartirán escenario cos cataláns “Secret Army” e os Don Ramirenses “Nobody’s Fool”.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con The Kanaloas (cuarteto coruñés que recrean o espírito das bandas de Surf de principios dos 60), un dos grupos que formará parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela.

Nesta edición soaron: “Warm And Confident”, “I Wonder Who”, “Tema Inédito”, “It Isn’t A Love Letter” e “Soul Assistant” de Dixie Town, “Exploding Heart”, “Tóxico Injecta” e “They Are Out There” de Samesugas e “Quasimoto Stomp” de The Kanaloas.



Plástico Elástico 61

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados

Apoiamos a Álex Lago (Blows) na súa Loita Contra o Cancro

Escoitar Programa

Esta semana abrimos Plástico Elástico con “Ni Todo Lo Demás”, un dos temas incluídos en Blanco Perfecto, o flamante 1º L.P. do cuarteto compostelano Mato Grosso.

Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Overhear, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Das Kapital, The Toasters, Sandford Music Factory, Pacífico, Nada Surf e The Right Ons.

Facemos eco do Concerto Solidario “Blows Fuck Cancer” en Apoio a Álex Lago (Baixista dos vigueses Blows) na súa loita contra o cancro, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro ás 21.00 no Mondo Club (Vigo)

Onde actuarán os propios Blows acompañados de Grandes Amigos coma Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con Teté y Los Ciclones, un dos grupos que formarán parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela.

Nesta edición soaron: Mato Grosso, Overhear, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Das Kapital, The Toasters, Sandford Music Factory, Pacífico, Blows, Nada Surf, The Right Ons e Teté y Los Ciclones.