Plástico Elástico 55

Entrevista a Jorge de Doctor Explosion e Jorge de Aeroplástica
Sorteamos Entradas para Boney Fields, Aeroplástica, Combo Dinamo e Mugstar


Esta semana en Plástico Elástico mativemos conversa telefónica con Jorge Explosion e Jorge Aeroplástica con motivo das actuacións de Doctor Explosion e Aeroplástica nos escenarios galegos esta mesma semana. Repasamos (coma sempre) a Axenda de Concertos recomendada para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Doctor Explosion, Boney Fields & Tonky Blues Band, Los Huéspedes Felices (Festival Tu Al Monte Yo Al Mar), Aeroplástica, Combo Dinamo, Kastomä, The Cubical, Mugstar e Doctor Gringo (Outono Capit@l Rock Festival).

Sorteamos Entradas para ver en directo en Galicia este sábado a: Boney Fields & Tonky Blues Band (Cachán Clube), Aeroplástica (Moon Music Club), Combo Dinamo (Le Club Directo), e o vindeiro mércores a Mugstar (Moon Music Club).


Para participar nos sorteos, envíanos un mail ao enderezo electrónico do programa respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición e indicándonos os teus datos persoais.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con Doctor Gringo, coñecido trío de Rockabilly compostelano que presentarán os seus novos temas a vindeira semana no Outono Capit@l Rock Festival, compartindo cartel co londinense Si Cranstoun.


Nesta edición soaron: Doctor Explosion, Boney Fields, Los Huéspedes Felices, AeroplásticaCombo Dinamo, Kastomä, The CubicalMugstar e Doctor Gringo.