Plástico Elástico 56

Presentamos Novidades Discográficas
Sorteamos Entradas para Miguel Costas, Si Cranstoun e Glassonion


Esta semana en Plástico Elástico escoitamos algunhas das novidades discográficas que recibimos nos últimos meses no noso buzón de correo postal (Capitan Kidd, Velcro, OverHear, Teléfono Rojo, Glassonion, Misterioso Viaje Holanda e Invivo).

Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia e Sorteamos Entradas para ver en directo a: Miguel Costas (Doble Moral – Lugo e Playa Club – A Coruña), Si Cranstoun + Doctor Gringo (Sala Capitol – Compostela) e Glassonion + Glasgow (Moon Music Club – Compostela).
Para participar nos sorteos envíanos un correo respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición e indicándonos os teus datos persoais.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical regalando copias do segundo e novo traballo dos compostelanos Invivo, un disco chamado Dogma que estarán presentando a vindeira semana por terras galegas.

Nesta edición soaron:

Miguel Costas, Si Cranstoun, Doctor Gringo, Velcro, OverHear, Teléfono Rojo, Glassonion, Misterioso Viaje Holanda e Invivo.