Plástico Elástico 57

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia

Adiantamos o Cartel da 2ª Edición do “Rock-A-Billy Boogie Night”

Escoitar Programa

Esta semana en Plástico Elástico repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de: Glasgow, Narf, Maryland, Samesugas, Dorian e Aloe Blacc.

Anunciamos as visitas previstas para os vindeiros días a terras galegas de bandas coma: The Bright, J.D. MC Pherson e Alis.

Adiantamos o cartel da 2ª Edición do “Rock-A-Billy Boogie Night“, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela, onde actuarán bandas coma: The Caravans, The Furious, The Kanaloas e Teté y Los Ciclones.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con “Días de Verano”, un dos temas incluídos en Hacia lo Salvaje, o novo disco de Amaral.

Nesta edición soaron: Glasgow, Narf, Maryland, Samesugas, Dorian, Aloe Blacc, The Bright, J.D. MC Pherson, Alis, The Caravans, The Furious e Amaral.