akalimera

  • Aumentar o tamaño da fonte
  • Tamaño do texto por defecto
  • Diminuir o tamaño do texto
Xoubas

Xoubas 3-17

Enviar Imprimir PDF

Para descargar en formato ogg clicade acá

Para descargar en mp3 clicade acolá

Benvidos a unha nova edición de Xoubas. Neste programa temos connosco ao esquizofrénico grupo El Sandwich de Luis, tocando en exclusivo directo o seu último éxito "El Manuscrito de Calisto", oda que versa sobre as aventuras do desaparecido Códice; traemos un spin-off do auténtico western de (que en pez descanse) Conde Roa; incursións á caverna mediática-sonora; facemos un repaso dos importantísimos problemas do primeiro mundo; voltan os deportes, coa trepidante e lisérxica "Carreira da droga", deporte favorito do ex-alcalde; a serie Percorrendo Galiza lévanos ata as baldías terras de "La Coru"; e, coma sempre, informativos desinformados, música, e churriguerescos tintes bizarros a esgalla. O mineralismo vai chegar!

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Xoubas 3-16

Enviar Imprimir PDF

Descarrega en ogg acá

Ou en mp3 acolá

Velaiquí o episodio 3-16 de Xoubas, o programa máis hertziano das ondas surreais... ou algo así. Nesta edición, inauguramos a sección "Momentos Cítricos da Historia", na que repasamos puntos de inflexión no imparable devir humano, asistindo esta semana á verdadeira invención da escritura; asistimos ao xuízo contra Henrique Cacique, o típico caso que queda entre colegas; a radionovela "Paixón de Populares", de enorme éxito en ducias de diputacións, relátanos a apaixonada historia de amor entre Alberto Ruiz e Sorayita; traemos publicidade con máis metal ca as barricadas de Vigo; haberá bizarradas, da man do excelso rapsodo de Madrí "El Coleta" e dun activista contra o racismo intergaláctico; e, coma sempre, o noso exhaustivo e nocivo informativo, un delicioso aperitivo. Desfrutade!
LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Xoubas 3-15

Enviar Imprimir PDF

Clica acá para descarrega en ogg

Clica acolá para descarrega en mp3

ATENCIÓN: REFRITO! Neste episodio tiramos do aprendido nos chiringuitos de praia para poñervos documentos sonoros xoubescos xa emitidos antes, recompilados con exquisito gusto por parte da equipa de Xoubas. Un refrito rebosante de graxas animais, vexetais e sintéticas, no que descubriredes pezas elaboradas para o programa dende que comezase a nosa andaina aló polo ano 2010 (pero non por iso menos comestibles nin chupilicioso). Vamos, un "Xoubas Unplugged", que lle din. Bo proveito!

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Xoubas 3-14

Enviar Imprimir PDF

Descarga en formato ogg

Descarga en formato mp3

Xa ante vós o décimo cuarto episodio da tempada da xouba, sabroso e apto para veganos (as nosas xoubas están fabricadas íntegramente de celulosa e materia gris psilocíbica). Neste antinatural capítulo, analizamos unha carta para nada proselitista enviada polo goberno a todos os pensionistas do país para comunicarlles un aumento de 5 eurísimos; en "Mileurismo: que utopía" entrevistamos a dous emprendedores do terrorismo profesional, un eido de futuro; no espazo informativo emitimos o ameazador e amarelo comunicado dos ciberactivistas Bananonymous; o rincón literario déixanos unha apaixonada declaración de amor aceitosamente pegañenta; o espazo bandadeseñadesco acolle aos mellores polit-superherois a este lado da Atmosfera; decisións cricualísimas e bizarro, bizarro, bizarro, [...] e bizarro.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 

Xoubas 3-13

Enviar Imprimir PDF

Descarrega en ogg

Descarrega en mp3

Velaí o décimo terceiro episodio de Xoubas, no que tomamos un cambio de rumbo na nosa andaina submarina: decidimos deixar a un lado as nosas seccións habituais para dar renda solta ao auténtico espírito dadá-rafaeliano de Xoubas, é dicir, un formato máis coherente e coheso, conseguido tras deixar de lado toda coherencia e cohesión. Nesta viaxe cuasilisérxica veredes odas aos lactofermentos, exequias antifunerarias con alto contido en bilis, serpes sen aparente razón de ser, andainas do sultán Qaboos, espazo-tempo informativo, decisións tan cruciais como cable vermello - cable azul para daltónicos e gorras de pintxos. Bizarro proveito!

Ademais cabe informar que tambén cambiamos o noso horario de emisión en directo, que pasa a ser o mesmo día, luns, pero às 23 horas en troques das 20 h na que estabamos emitindo ata agora.

LAST_UPDATED2 Ler máis...
 


JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL