A Asociación Veciñal As Marías ofrécevos este segundo programa na Radio Kalimera. Desta volta acompañounos Julia, unha veciña que sempre nos agasalla cos seus saberes, recordos e experiencias. Enchimos as ondas de contos do barrio e viaxamos dende Compostela até Portugal para recordar a Revolución dos Cravos, 25 de abril sempre! Podes descargalo aquí