Tag: radio

Vem fazer Rádio com nós!

panfletoRadio




Jastas Cinta Especial Febreiro 2015

Non estabamos mortos, estabamos de cañas. Jastas Cinta volveu ás ondas da Kalimera este febreiro cun programa especial cheo de pequenas sorpresas. O que non é unha sorpresa é que ven cargado de boa música e cultura hip hop a esgalla. Como acostumamos a facer, non estamos sós. Ayman Selektah acompañounos na 107.9 para guindarvos unha selección de temazos ao mando das rodas de aceiro. Polo demáis, nostalxia, grelazos e os froitos que nos deixou a horta de Compostela nos últimos meses. Como Terminator e Caneda, ¡VOLTAREMOS!

10257228_566552286791428_8003344952679696188_o

 

Descarga aquí ou escoita:




VI Programa de Mugre nas Ondas

Depois de uma dura batalha com as tecnologias conseguimos por fim colgar na rede o nosso sexto programa!

la-mujer-radio-copia
Aguardamos que seja do vosso gosto e desfrute!

Podedes descarregalo aqui.




Jastas Cinta Programa 12

O Jastas Cinta despídese ata novo aviso. O duodécimo programa pon punto e final á primeira tempada do programa de hip hop d’A Kalimera. E qué mellor forma de despedirse que cun dos máis grandes desta cultura en Galiza, García Mc, membro da Dios Ke Te Crew e agora tamén en solitario con ese ‘Abaixo e de pé’ publicado a comezos de 2013. Co “irmán García” mantemos unha longa conversa na que repasamos a súa relación co movemento zapatista e as súas viaxes por México, amósanos unha pequena mostra do rap “de maíz” que se fai nas terras maias, a súa visión da cultura hip hop coma unha ferramenta de transformación social, a súa faceta coma difusor desta cultura polos colexios e institutos do país ou mesmo a relación do seu grupo co antigo mánager da DKTC, o mesmísimo Bárcenas.

Por outra banda, no apartado ‘underground’, catro grupos de Compostela (Josu Cruces, Tramaturgia, Olímpicos, Pura Mestura) e o novo duns vellos coñecidos do programa, Rebeliom do Inframundo, para deixar claro ata o último minuto que nesta terra hai moito e moi bo rap. Un programón, en duración e calidade (si, xa sabemos que está mal que o digamos nós, pero había que aproveitar o último para botarse unhas flores, non?), sen desperdicio ata o final, xa que García Mc  remestura en clave reggae un clasicazo do hip hop galego, o ‘Estranxeiros’ dos Ghamberros que cumpre dez anos neste 2014, e que serve para poñer  o broche de ouro a esta primeira aventura do Jastas Cinta.

1604777_702691219770724_513578175_n
Descarga ou escoita aquí:

PD: Moi atentos que nos vindeiros días anunciaremos unha inminente cita co hip hop e o Jastas Cinta en Compostela. Ollo!




Jastas Cinta Programa 11

En Jastas Cinta collímoslle o gusto a facer especiais reggae, polo que a música xamaiquina repite como protagonista do programa desta semana. E qué mellor que contar cun d0s que máis sabe disto de Compostela, Rulassie Selektah, compoñenente de Selassie Sound System, quenes editaron a finais de 2013 a mixtape ‘Real Peregrinos’, da que se está a cocer o segundo volume. Fyah no estudo da Kalimera!

selassiesound

Descarga ou escoita aquí:




Jastas Cinta Programa 10

Logo dunhas semanas de descanso, o Jastas Cinta está de volta. O pasado martes acompañounos na Kalimera Dj Webo (Groovers, 504), co que conversamos sobre os seus proxectos personais, a súa participación xunto a Dj Mil no campionato por parellas da DMC, ademais de facernos unha demostración de que o turntablism está moi vivo en Compostela. Coma sempre en Jastas Cinta; música da casa, viaxes temporais e publicidade intrusiva.

Webo-Mil-Paspi-Galiciaflow-2

 

Descarga aquí ou escóitao:




Jastas Cinta Programa 9

Novena emisión de Jastas Cinta. Os Juanito Broders están a piques de sacar á luz o seu novo traballo, un EP titulado “Y si no”, a  derradeira referencia da plataforma ‘Temazo.org’. Estiveron con nós no estudo da Kalimera o pasado martes nun programa no que descubrimos moitas curiosidades sobre un grupo galego especial e único. Sumerxídevos no mundo da JB nun Jastas Cinta no que tamén vos traemos o estilo da mc compostelana Alba G, a música do vigués Franga, un repaso ao ano 92 e moito rap.

1224198884-juanitobroders

Descarga aquí ou escóitao:




Jastas Cinta Programa 5

Quinto programa de Jastas Cinta. Esta semana visítanos Ego Mc, o alma máter de Actos Urbanos; un grupo que non está de volta porque nunca se marchou. Coma sempre, ‘grelazos’, historia e rap con selo galego.

SoulMa4




Jastas Cinta Programa 4

Cuarto programa de Jastas Cinta, emitido o 16 de xaneiro. Esta semana temos unha edición especial xa que un dos dj’s máis destacados do panorama hip hop galego visita o estudo da Kalimera para falar sobre os moitos proyectos nos que se atopa involucrado: Dj Mil. E como regalo, unha sesión de nada máis e nada menos que media hora para os ouvintes da Kalimera.

 

djmil

 

 




Jastas Cinta Programa 2

Aquí tedes a segunda entrega do Jastas Cinta, emitido o pasado 17 de decembro. Nostalxia, grelazos a esgalla, música emerxente e o señor Maneante rebentado os micros da Kalimera. Lume!

full-screen-04