Xoubas 3-1

Para descarrega em ogg clica acá

Para descarrega em mp3 clica acolá

Comeza unha nova tempada de Xoubas!!!!!!!!! A cada vez maior (en cantidade, peso e, como polo momento resulta difícil evitalo, tamén en idade) equipa do programa volve coas pilas cargadas tras un relaxado verán de raves cyberpunk, orxías mastodónticas e consumo de estupefacientes regulamentados pola Mesa de Normalización Lingüística.

A parrilla desta semana inclúe: os brillantes premios Ignobel; informativo histriónico-cónico; os Contos do Sultán Qaboos, rexente de Omán e Zarramacedo; un decálogo atopado en dúas pedras nun monte; interferencias de máis aló dos Perineos; deportes deportables; superliminal e chocoliciosa publicidade; cousas sobre Condes; e mousse, emús e música!

 

Convosco o esperado primeiro episodio da terceira tempada de Xoubas, o programa con máis Omega 3 do alfabeto grego.

Agardámosvos os luns de 8 a 9 do serán na Kalimera.